Programa de referidos
Recomenda Vecinar e leva o 10 % do primeiro ano
Coñeces unha comunidade que segue co grupo de WhatsApp e as notas no portal? Recoméndalle Vecinar co teu código e, se se rexistra, levas o 10 % do que pague durante o seu primeiro ano.
Non fai falta ser veciño nin administrador de fincas: calquera pode conseguir o seu código.
Consegue o teu códigoComo funciona
Paso 1
Consegue o teu código
Entra co teu correo (enviámosche un código de acceso, sen contrasinal) e abre «Convida e gaña». O código é teu e non cambia nunca.
Paso 2
Compárteo
Envía a túa ligazón ao presidente ou ao administrador da comunidade. Ao rexistrala, o código aparece xa cuberto; tamén o poden escribir a man.
Paso 3
Cobra
Cada vez que a comunidade paga a subscrición durante o primeiro ano, apúntaseche o 10 %. No teu panel ves cada comisión e se xa cha pagamos.
Condicións
- O 10 % calcúlase sobre o que paga a comunidade sen IVE, nas facturas dos seus primeiros 12 meses desde o rexistro.
- O código introdúcese ao rexistrar a comunidade; non se pode engadir despois.
- Rexistrar a túa propia comunidade co teu código non xera comisión.
- Escribímosche ao correo da túa conta para pagarche o pendente por transferencia.